FERIDO

NOVO SINGLE EN NOVEMBRO 2025

Ferido é o primeiro single de O Xoán, unha peza de pop electrónico en galego que mestura rito, raíz e un toque camp, convertendo a dor nun lugar iluminado, irreverente e cunha beleza case brutalista. É a porta de entrada a un universo onde o íntimo se transforma en espectáculo, onde o drama adopta unha estética excesiva e teatral, e onde, mesmo ferida, a emoción non deixa de bailar.

O VIDEOCLIP

Rodado integramente na provincia de Lugo, o videoclip leva a historia da canción a un ritual comunitario: un grupo diverso de personaxes —meigas, veciños, amizades— reúnese nun aquelarre contemporáneo onde a dor se cura en colectivo. É unha festa emocional ao aire libre, irreverente e fantastica, na que as cicatrices se celebran con orgullo.